Entries Tagged 'Galicia Profunda' ↓

R lanza campaña de televisión do máis orixinal

Polo que vexo no seu blog corporativo, quecheparece.com, R acaba de sacar hoxe mesmo unha nova campaña de televisión. Había catro anos dende a última e, desta volta, quixeron xogar coa letra que dá nome á empresa, que conta mesmo cunha tipografía especial, a R Gerstner. O caso é que desa tipografía saíron os personaxes [...]

Un chacineiro metido a escultor

Si, mesturar xamóns e esculturas ten o mesmo que ver que o touciño coa velocidade, pero por aí van os tiros na historia deste personaxe. Chámase Víctor Reguera Alfaya e dedícase a decorar do xeito máis orixinal os xamóns que vende na súa chacinaría, Xano, de Pontevedra. A Víctor coñecémolo a través do Correo Galego, que [...]

A segunda parte do vídeo sobre o estraño obxecto radioactivo

Pois para os que vírades o vídeo do anterior post por primeira vez e flipárades coa señora, velaquí vos colgo a segunda parte: Marabillosos os guionistas e os que idearon este vídeo. Un 10 para a señora, porque o papel o fai xenial (un Óscar para ela, por favor). Ah, e non deixedes de visitar www.malditobastardo.net [...]

Bolsas de plástico contra obxectos radioactivos

Xenial vídeo no que unha señora relata como atopou no medio do monte un obxecto que pensaba que era un televisor pero que resultou ser un estraña obxecto radioactivo ou cousa de extraterrestres: <center><object width=”425″ height=”344″><param name=”movie” value=”http://www.youtube.com/v/mioC27BmfDM&hl=es&fs=1″></param><param name=”allowFullScreen” value=”true”></param><param name=”allowscriptaccess” value=”always”></param><embed src=”http://www.youtube.com/v/mioC27BmfDM&hl=es&fs=1″ type=”application/x-shockwave-flash” allowscriptaccess=”always” allowfullscreen=”true” width=”425″ height=”344″></embed></object></center>

Un árbitro, ameazado cunha pistola

En teoría tratábase dun encontro sen máis. Xogaban o Vizoño e o Laracha do Grupo Norte da Preferente Autonómica Galega. Pero, como recolle Sigue Tu Liga, a cousa cambiou de cor. O colexiado, Chouciño Landeira (o nome é así, non o estou a inventar) foi abordado, segundo recolle o acta do encontro, por un espectador “presumiblemente [...]

O arte do fuch fuch fuch

No noso percorrido pola Galicia Profunda, non poderiamos pasar por alto as grandes conversas e situacións que se producen cando está o alcol polo medio. Velaquí un vídeo ilustrativo sobre a arte do fuch fuch narrado en primeira persoa por un dos seus protagonistas. Non ten desperdicio!

A modernidade acaba co último muiñeiro da Coruña

Parece mentira, si, pero na cidade da Coruña, en concreto en Elviña, hai un muiñeiro que resiste contra vento e marea o paso do tempo. Pero o que non vai poder resistir agora é que o expropien. Chámase Perfecto López e con el vai acabar toda unha tradición na cidade herculina. Aos seus 78 anos, Perfecto [...]

Hai que colle-lo millo!

En moitas localidades galegas aínda continúa moi en voga a tradición de prantar millo para dárllelo aos animais, sobre todo porcos e galiñas. Entre finais de outubro e comezos de novembro, dependendo do lugar e do tipo de millo, é cando se comeza a recollero millo. Pois ben, mirade o que atopei nun bar o domingo [...]

Exhibición aérea en Vigo

Esta fin de semana tivo lugar a carón da praia de Vigo o Festival Aéreo que fo visto por unhas 300.000 persoas. Acrobacias, piruetas e demais cabriolas cautivaron a todos os que alí se concentraron para ver tantos aos avións militares como aos de exhibición. Velaquí algúns vídeos: Outro vídeo máis:

A inspiración chega onde menos esperas

A inspiración é caprichosa e chega cando menos o esperas. Por iso hai que estar preparado para non deixala escapar e facer uso dela, non importa o onde nin o cando. E se hai que escribir uns versos nunha servilleta de papel pois se fai, iso tamén é arte. Isto é o que lle pasou á [...]

Unha cabaza de 50 quilos

Isto que estades a ver é unha cabaza xigante que pesa case 50 quilos. Bastante máis que moitas modelos, así que podemos facernos unha idea do tamaño da hortaliza, que claro chega un pouco tarde para Halloween. A cabaza en cuestión ten denominación de orixe, Chandebrito, en Nigrán. Creceu no alto dunha viña ata alcanzar os [...]

Osama Bin Laden fala galego

Un dos 19 fillos de Bin Laden, Omar Osama Bin Laden, ven de aterrar no aeroporto de Barallas co obxectivo de pedir asilo político en España. Mentres, no medio de quen sabe onde, o seu pai “leva toda a vida escapado”:

Infravivendas para universitarios na Coruña

Nos tempos que corren non resulta doado atopar unha vivenda de aluguer a un prezo alcanzable, menos no caso dos estudantes universitarios. Pero de aí a vivir nunha especie de galpóns preto do campus dista un bo cacho. Un estudo levado a cabo por un grupo de profesores da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña [...]

Estamos xa en precampaña

Sorprendido quedei estes días cando atopei un valo publicitario no que se podía ler: “Grazas por nada e adeus ao bipartito”. Agora, acabo de ver outro que reza: “Bipartito. Crise. Paro. Despilfarro”. O certo é que non ten o logotipo de quen o paga, pero non hai que ser moi listos para saber que detrás está o [...]

Receita de polvo ao pobre

Con este da crise, igual para a próxima temos que pasar de longo dos postos de polvo e de churrasco das feiras. Pero se botamos moito de menos iso de ter un cefalópodo enriba do prato, recoméndovos esta receita que é moi barata ;). Iso si, tan boa non está

Unha galega en Factor X

Tendo en conta que este ano a única galega de “Gran Hermano 10″ se foi xa no primeiro programa e que na TVG non tivemos “A casa de 1908″, pois só nos queda ir aos realities de segunda. Neste senso, no programa Factor X, de Cuatro, acaba de chegar unha galega que está a revolucionar [...]

Vivamos como galego! (en Nova York)

Unha nova entrega, aínda que desta volta está un pouco máis lonxe da nosa Galicia.

A nevera do coche de Quintana

Como se nota que estamos en eleccións que agora todo o mundo se bota os cacharros á cabeza á mínima. Esta semana estivo simpática a cousa, co asunto do coche de Quintana, a quen o PP acusaba de terlle unha nevera que custaba 6.000 euros. O caso é que ao final Quintana, con todo o rebumbio, [...]

O pequeno comercio, na busca de clientes

No barrio coruñés dos Mallos, no escaparate dalgúns comercios, podededes ver este carteliño. É curioso ver como cada día que pasa o pequeno comercio perde clientes e mesmo agora os ten que pedir a voces porque está a perder pulo fronte a grandes superficies comerciais coas que en moitos casos non pode competir.

Curioso reclamo nun bar da Coruña

Se vos pasades pola Coruña, preto da zona da Gaiteira, que está detrás do Corte Inglés, veredes un bar máis que curioso. Trátase do bar San Diego, onde sempre poderedes ver na porta a este curioso maniquí que vai á moda. O seu dono emprégado como reclamo e mesmo lle cambia a roupa segundo a [...]

Unha veciña de Teo secuestrada polo guindastre

Sabiamos que os operarios do guindastre son eficientes, pero non tanto para non deterse ante nada. E se non que llo digan a unha veciña da localidade de Teo, que ven de denunciar ser secuestrada polo guindastre municipal de Santiago. A muller deixou o coche estacionado uns minutos en carga e descarga para recoller unhas lentes [...]

Chámate con xeito

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo quere sensibilizar a sociedade galega da necesidade de galeguizar os nosos nomes e apelidos. Chámate con Xeito, que é como se chama a campaña, ten unha páxina web propia na que podes simular o cambio. Nos quixemos comprobar como serían os nomes dalgúns personaxes galegos para ver [...]

“A vida de Brian” en Touriñés

Logo do éxito da primeira versión de “A vida de Brian” en touriñés, chega a segunda parte cargada de erros lingüísticos e outras perlas do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Touriñés Productions, entidade sen ánimo de lucro a prol da promoción do touriñés, logrou este mesmo ano converterse en candidata aos Premios Nacionais da Cultura [...]

Autos tolos: carrilanas de Mos

No Concello de Mos ven de festexarse a I Baixada de carrilanas. O descenso tivo lugar o pasado 5 de outubro no lugar da Penacova no barrio da Gándara, e estas son algunhas das baixadas máis arriscadas con accidentes incluidos.

Galicia segundo a Frikipedia: lingua e deportes

A visión que na Frikipedia ofrecese dos galegos non ten desperdicio. O primeiro a destacar é a imaxe que acompaña á definición de Galicia na páxina: O Fary, pero a lista de xenialidades é moi longa. Hoxe ímonos a deter na lingua e no deporte. Os galegos temos unha grande riqueza lingüística: “el Gallego, el Castellano, [...]

Javier Losada: “Quiero abrazar al mundo”

O alcalde de A Coruña, Javier Losada, é xa un clásico de galiciaprofunda por esas palabras que saen da súa boca. Neste discurso de apoio á candidatura da Torre de Hércules a Patrimonio da Humanidade parece máis inspirado que nunca e deixa perlas como esta: “abracei á Torre porque quero abrazar ao mundo”. Pero mentres Losada [...]

Desaugadoiro en forma de boneca

Esta é sen dúbida unha desas imaxes que non podes deixar de mirar. A enviou Cosme Damián Romai ao diario La Voz de Galicia. A instantánea corresponde a un desaugadoiro, aínda que custe imaxinalo a primeira vista, situado nunha localidade de Chantada nunha casa particular. Parecese moito a Chucky, o boneco diabólico, ou máis ben a [...]

Os furanchos: ¿legalización ou peche?

Os furanchos, esas adegas tradicionais moitas veces situadas en casas particulares, que se dedican a vender viño novo acompañado dalgunha outra bianda, corren perigo de extinción. A Xunta de Galicia decidiu comezar recentemente un proceso de legalización dos furanchos ou loureiros. Pretende que estos locais poidan soamente abrir as súas portas tres meses ao ano - [...]

Os cursos de acollida xa non son o que eran

Proposta: Finaliza o curso de acollida na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e os responsables do centro idean unha representación que tenta reflectir a creatividade, a pureza, a conexión da arquitectura coas belas artes, etc. Realidade: espectáculo pseudo erótico a cargo de dúas actrices na tarima do propio centro. As rapazas comezan a quitarse [...]

Saboteados coches da empresa Servizos Agrarios Galegos (SEAGA)

A empresa pública SEAGA (Servizos Agrarios Galegos) está a sufrir sabotaxes nos seus coches. Todo fai indicar que detrás de todo isto está a precariedade laboral que teñen que sufrir os seus traballadores. Neste foro tes máis información do que aconteceu.