Entries Tagged 'Capítulo 0' ↓
Xaneiro 5th, 2009 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Patio ‘pastiche’ de La Laboral. Fotos: Sole
Intervención contemporánea sobre o edificio franquista
A Laboral é un dos proxectos máis controvertidos e interesantes de refundación arquitectónica que temos nas proximidades. A Universidade Laboral é un descomunal edificio ubicado nas aforas de Xixón, construído no franquismo baixo iniciativa de Girón e materializado polo arquitecto Luis Moya como escola [...]
Xaneiro 5th, 2009 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Visto na zona de marcha de Xixón. Pois iso. Que vivan.
Xaneiro 5th, 2009 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Nas instalacións do Proxecto Eden en Cornualles o artista Robert Munro prantou estes 6000 tubos acrílicos que conteñen fibra óptica. Están inspirados nas flores que nacen no deserto australiano tralas tormentas. Máis información en Dezeen.
Xaneiro 4th, 2009 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Fotos: Sole
Por debaixo do cabo Peñas, a abrupta punta máis ao norte de Asturias, esténdese unha peculiar e abisal xeografía, un negativo das cordilleiras asturianas. Nos enormes vales submariños, vive o calamar xigante, e Asturias é o lugar do mundo onde máis destes misteriosos bichos de ata 20 metros de longo viven. Ten nome e [...]
Xaneiro 4th, 2009 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Nada máis pechar o seu restaurante, a cociñeira Pía Lago e Suso abriron un blog chamado Píalagococinha. Nunha das súas primeiras entradas, escribe o seguinte:
Hola: Xa estou eiqui. Hoxe día 30 de Decembro, a piques de acabar o ano. Recollin todo no noso restaurante, e quedou pechado;todo recollido, todo no baul dos recordos (coma decia [...]
Xaneiro 4th, 2009 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Xaneiro 3rd, 2009 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Descansamos nunha casiña nas proximidades de Oviedo. Chegar aquí desde a Pobra do Caramiñal son case cinco horas de viaxe, máis o que precises parar. Seis horas e pico. Como ir a Madrid. E todo o tempo, como cada vez que vimos por aquí, unha tremenda sensación de déjà-vu: ao noso carón, desmontes e desmontes, [...]
Xaneiro 3rd, 2009 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Xaneiro 2nd, 2009 — Capítulo 0, Persoais - Personales
O ScreenToaster é unha aplicación web aínda en beta que permite algo utilísimo: gravar a túa actividade na pantalla do ordenador e xenera un ficheiro de vídeo que podes incrustar noutros sitios; é o habitual para explicar aplicacións, usos de software, etc. Aínda está en beta por invitación (pero só tardaron un día en enviarme [...]
Xaneiro 2nd, 2009 — Capítulo 0, Persoais - Personales
O equipo do Artabria. Foto: web do restaurante
Había moito tempo que tiña gañas de visitar o Restaurante Artabria na Coruña (Fernando Macías, 28; T: 981269646; localización), un establecemento iniciativa dun grupo de mozos de Bergantiños que, na súa carta, buscan actualizar a cociña e o produto tradicional da costa con toques de modernidade e que [...]
Xaneiro 2nd, 2009 — Capítulo 0, Persoais - Personales
(Vía)
Xaneiro 1st, 2009 — Capítulo 0, Persoais - Personales
O cociñeiro Anthony Bourdain
Xa estamos case no límite para os agasallos de Reis, pero aquí van dúas recomendacións moi chulas.
Malos tragos, de Anthony Bourdain. Unha compilación acertada de textos breves que o cociñeiro neoiorquino Anthony Bourdain publicou en magazines, xornais, ou en papeis soltos tirados por aí. Quen queira disfrutar do gran lado canalla [...]
Xaneiro 1st, 2009 — Capítulo 0, Música, Persoais - Personales
Conduciamos polas estradas hoxe á mediodía. O país aínda estaba a durmir. Á altura de Iria Flavia soou Funplex, o single do seu novo disco, o primeiro desde o ano 92. Os B-52 explicaban que o compuxeran en Athens, Georgia, moi preto de onde gravaran o seu primeiro. Explicaban o seu proceso de creación case [...]
Xaneiro 1st, 2009 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Ignacio Ferrando de Abaco Digital, realizou esta impresionante fotografía esférica dun simulacro de rescate de alta montaña (vía).
Decembro 30th, 2008 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Acabamos de cumprir cinco anos de Capítulo 0. Este 2008 foi un ano intenso, intensísimo, por moitos motivos. E o blog tamén rexistrou algúns deses momentos. Quería publicar un Best of (totalmente persoal, por suposto) do que foi 2008 en Capítulo 0.
Ao facelo, decátome de dúas cousas moi relevantes que pasaron no blog: a [...]
Decembro 30th, 2008 — Capítulo 0, Persoais - Personales
É o número aureo, a proporción divina, o número irracional. Un número alxebraico que, desde a Antigüidade clásica, aparece como constante de proporción estética entre elementos en todo tipo de edificios e representacións. O misterioso feito de que as persoas asociemos esas proporcións á beleza orixinou que se crese que, nese número alxebraico había algo [...]
Decembro 29th, 2008 — Capítulo 0, Persoais - Personales
O Black Swann
A historia parecía suxestiva, cando menos. Un conde veneciano -arquitecto, historiador, realizador de cinema- decídese percorrer en barco os antigos dominios do imperio veneciano dos seus devanceiros, desde a Serenísima ata Estambul. Ese é o Francesco’s Mediterranean Voyage que emitiu este ano a BBC e agora creo que Plus ou Viajar. Francesco é [...]
Decembro 29th, 2008 — Capítulo 0, Persoais - Personales
O poder do tempo libre.
Decembro 29th, 2008 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Pasei a tarde cos lectores de galego que están nestes momentos ensinando a nosa lingua e cultura en universidades de 18 países do mundo, co obxectivo de dirixir un obradoiro sobre Wordpress como ferramenta colaborativa. Todos eles, como é lóxico, son usuarios moi intensivos da rede, así que foi doado avanzar e presentar as principais [...]
Decembro 28th, 2008 — Capítulo 0, Persoais - Personales
(vía)
Decembro 27th, 2008 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Marcello Mastroianni e Anita Ekberg en La Dolce Vita (1960)
Levamos varios días de gripazo e cadro enfermoinvernal clásico. Días de reclusión, de durmidas febrís a media mañá, sen pisar rúa, falando pouco, vendo a evolución do sol polas fiestras, lendo maino e buscando a mornura das mantas, aceptando coidados. Pouco a pouco imos reaxindo, pero [...]
Decembro 27th, 2008 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Ao igual que no Ribeiro xa se está a realizar un viño naturalmente doce, o Tostado do Ribeiro, poderiamos probar un Tostado de Valdeorras en breve. Estas dúas botellas amosan probas, dous viños doces, un a partir de godello e outro da variedade garnacha, creados ao abeiro dun proxecto de investigación da Denominación de Orixe [...]
Decembro 27th, 2008 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Nun triste correo, a cociñeira Pía Lago avísame de que o restaurante Ánxelo Cociña Pía Lago, a súa persoal aposta por facer unha cociña próxima, desenfadada e de bistrot en Cee, pecha. A proposta non tivo a acollida necesaria na Costa da Morte para manter o negocio.
Desde Capítulo 0 mandámoslle unha aperta moi grande [...]
Decembro 27th, 2008 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Manolo e Xurxo Gago. Fotos: Sole
Non son moito de publicar fotos miñas no blog, pero esta encantoume. Sole roubóunola mentres tentabamos ler a Laxe da Sartaña, en Porto do Son. A verdade é que temos a cara en auténtico modo descodificación. E hai motivos.
A Laxe da Sartaña, na parroquia de Queiruga (Porto do Son) é [...]
Decembro 26th, 2008 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Só os mellores catadores empregan o Método B en momentos de especial apuro, cando tes paneis de cata interminábeis e extenuantes filas de riojas e albariños monosabóricos aos que é preciso extraerlles algún tipo de matiz singular. Sabes que xa non chega con dispor da vista, olfato e gusto para dar a talla e…
O Método [...]
Decembro 26th, 2008 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Álex envía esta foto tirada na rúa de Figueiriñas, máis abaixo do barrio de Pontepedriña (Santiago), a raíz da serie iniciada na Ponte Taboada. Non é un cartel informativo sobre o patrimonio cultural pero reparade na ironía da última frase tachada…
Decembro 26th, 2008 — Capítulo 0, Persoais - Personales
O fotógrafo australiano Graham Miller afirma que “está interesado na ambigüidade das imaxes. O xeito no que todos os fotógrafos teñen elementos de fabrication e creación de verdades”. A súa serie Suburban Splendor, á que pertencen estas fotos, retrata a soedade e a cotidianeidade da vida das periferias das grandes áreas urbanas. Aquí se pode [...]
Decembro 25th, 2008 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Marta avísame do agasallo de Nadal da súa axencia publicitaria, quattro idcp: un xornal de noticias con vontade de verdade que se distribuíu en papel na Coruña e na web de balde. “Que a verdade non te arruíne unha boa noticia“, asegura a súa cabeceira. El Pluscuamperfecto pódese consultar aquí.
Decembro 24th, 2008 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Somos parte dunha cadea. Se para algo serve o Nadal -mesmo para os que non somos crentes- é para sentírmonos parte dunha rede de vínculos que vai máis aló do DNI, do cartón de crédito, da xornada laboral e das amizades para disfrutar. Somos parte dunha cadea de memoria, de lazos afectivos, de vínculos entre [...]
Decembro 24th, 2008 — Capítulo 0, Persoais - Personales
Fotos: Sole
O Courel está fermosísimo coas intensas nevaradas que cambian a súa fisonomía. Sumámonos a un dos roteiros programados pola organización ecoloxista ADEGA para coñecer esta serra mítica. Deste xeito, baixamos polo Taro, atravesando as ladeiras nevadas e cheas de espesor branco, sen facermos caso especial dos camiños que están ocultos baixo esta manta branca: [...]