Pablo Dios ven a sorprendernos con esta extraña reflexión sobre a vida dunha parella……vos creedes que pasará isto na realidade??. Con unha nota de humor para unha noite de friaxe unha de sandwich de atún.
Blogs de Santiago de Compostela
Decembro 3rd, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Pablo Dios ven a sorprendernos con esta extraña reflexión sobre a vida dunha parella……vos creedes que pasará isto na realidade??. Con unha nota de humor para unha noite de friaxe unha de sandwich de atún.
Decembro 1st, 2008 — MonSozinho, Vídeo
A banda Primitive promete ser un dos mellores exponentes da música metal en Galicia. Con componentes que proveñen dos grupos Kertuler, Icewind, Codename, Octubre 28 e outras formacións, a súa potencia nos directos está segurada e o espectáculo garantido.
Este vídeo remitido á VIDEOTECA GALEGA pertence ó seu primeiro concerto no Pub TNT de Santiago de Compostela, e só é unha pincelada do que ofreceron neste show. Unha hora de potencia rítmica, primaria, primitiva… CARRAXE EN ESTADO PURO!!!
Decembro 1st, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Tiven o placer de coñecer fai pouco a Xosé Lois González alcumado “O carrabouxo” . Humorista gráfico cunha grande personalidade, naceu en Ourense en 1949. Estudou na Universidade laboral de Zamora e xa no ano 1968 fixo a carreira de Telecomunicacións en Alcalá de Henares e en Madrid.
Dende a VIDEOTECA GALEGA esperamos que nos sigas asombrando con ese humor tan “Carrabouxo” durante moito tempo. Bicos.
O CARRABOUXO acompañado pola música de Lamatumbá.
Novembro 29th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Se tendes ocasión de pasar por Santiago de Compostela, e pasear pola zona vella, poderedes percibir unha música que se fusiona ca pedra da Catedral creando sons “espirituais”; Jazzman é toda unha institución na capital aparte dun gran músico que ama a música.
Jazzman isto vai para ti, e para todos aqueles que nos seguen e os que tiveron ocasión de comprobar a nivel nacional que eres un “home do jazz”.
Novembro 28th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Curta dirixida por Roberto Conde, con Noa García encargada da fotografía e Iago García da producción. Me da a impresión que na curta abordan en clave de humor o despoboamento das aldeas do rural,…A Breixo pásalle algo… “pero non todo é o que parece amigo”.
Non perdades o sorriso nun día de chuvia coma hoxe!!!!
Novembro 27th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Atopei este video do cantautor Xurxo Mares e non me puiden resistir. Nel, este Cantautor de a Coruña, lle canta ó nacemento do seu fillo Hugo no Bodega Jazz Vides da mesma cidade Herculina. O Encargado de mesturar esta voz en directo coa historai que acompaña á presentación é Jose Luis Ducid do que xa vístedes na VIDEOTECA GALEGA a curtametraxe “Unha Estrella”
Novembro 26th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Hoxe, para afastá-la friaxe que esta fronte de baixas temperaturas vai deixar por riba de nos esta semana, propóñovos un sano exercicio de empatía. ¿cantos de vos PARTICIPÁCHEDES nun concerto de Brutal Death (subrama musical dos metais extremos)? Pois ben, máis ou menos o que se ven sentindo é ísto que vedes eiquí: Movemento, empuxóns, saltos, exercicio físico, esforzo e … nin gota de frio (incluso a persona que LEVANTAN EN VOLANDAS. Garantízavolo a VIDEOTECA GALEGA (garantía ISO de eficiencia enerxética pendente). Se queredes coñecer mellor a estos mozos, eles son os Morte, grupo compostelán que neste video interpretan “A Skull Full of Maggots”, versión da famosa banda de Buffalo, New York, Cannibal Corpse, adicados principalmente ó Death Metal.
Lugar, como non o pub TNT de Santiago de Compostela.
Novembro 24th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
¿ Qué pasa cando dous amigos que se reunen tódolos días no mesmo banco do mesmo parque, mudan a súa perspectiva?
Rubén Coca relata de forma orixinal unha historia basada nunha situación cotiá…
Naceu en 1977 en Ferrol, é director, productor, montador….podemos calificalo de polifacético no eido audivisual. Non perdades a oportunidade de ler o seu Curriculum e por suposto de ver a curta.BOASSS!
Novembro 23rd, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Domingo, día de descanso para todos e todas e traballo para outras/os….E como vai de humor autóctono galego, vou aproveitar para deixarvos parte da nosa tradición popular en forma de refrán:
“En outono, bota as patacas e garda cedo as vacas”
Novembro 22nd, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Dende hay uns anos existe unha explosión hip hop en Galicia. Hoxe temos para ensinarvos unhas entrevistas feitas a artistas viguesas desta ampla rama do arte contemporáneo e compartidas por A Nosa Terra. Aid, Wöyza e Sax explícannos como son as súas carreiras dende o principio. Disfrutade e aprendede do que nos ofrecen. Apertas!!
Novembro 20th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
O noso contrabaixista Baldo Martinez, presenta unha peza chamada “Alalalaaa” pertencente ó disco “Folklore Imaginario” do ano 2005. Xunto a este clarinetista e saxofonista italiano , Carlos Actis Dato. Créase así un gran disco de esa corrente de Jazz rompedora e auténtica, que sorprende e mantén vivo o espírito orixinal da improvisación, da creatividade, e da expresión emotiva como fin último da música. Espero que non vos deixe indiferentes e disfrutedes da súa interacción.
Novembro 20th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Xa tiña ganas de que os MALKEDA pasaran pola VIDEOTECA GALEGA, despois daquela primeira incursión coa versión do chiki chiki que os fixo tan famosos. Pero Malkeda son algo máis que todo o recoñecemento actual, son o esforzo dun traballo que se ven desenvolvendo dende o ano 2002 e que se consolida no ano 2003 con catro dos seus actuais compoñentes: Checho Vázquez, Guille Lavia, David Parcero, David F. Torres, Juan-L. No ano 2007 se incorpora Isidro Otero que sustitúe a David Parcero.Desfrutade na compaña destos pontevedreses que aínda teñen moito que dicir!
Novembro 19th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Vámonos facer eco da petición de SRV, acerca de que falemos un pouco de “BUKOWSKI TRIO”, grupo galego de O Barco de Valdeorras e Villamartin concretamente. Levan dende os anos 90 na música e tanto tempo deu lugar a que moitos músicos pasaran polas súas filas. Actualmente son un cuarteto, por eso eles mesmos se preguntan si serán trío ou non durante moito tempo, adicándose fundamentalmente as versións de artistas como Hendrix, Ray Charles, Cream…
Vai por ti SRV e por todos vós que nos seguides día a día e nos facedes chegar as vosas suxerencias. GRACIÑAS!!!
Novembro 19th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Temos de novo na VIDEOTECA GALEGA outra das orixinais creacións dos rapaces do Máster en creación dixital de A Coruña (mccdudc). Veredes unha cuxa un tanto moderna nos seus gustos!!!!
A música póñena Miki Nervio and Bluesmarkers que foron os nosos convidados non fai moito na VIDEOTECA GALEGA..
Novembro 17th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Chamoume poderosamente a atención esa voz, ese son entre rock-blues que invita a erguerse e bailar sen parar o seu ritmo……por iso, como non teño forma de describir algo tan emocional como é sentir a música, reproduzo as palabras sobre o grupo que atopei en Empuje.net.
“La voz Afrocuncas aparece por primera vez a finales de 1998 cuando Elías Kazzamo, un veterano batería mozambiqueño, llega a Santiago de Compostela y conoce en un pub a Xulián Freire, cantante de blues local graduado en la ya desaparecida escuela Cuncas Blues Café (Pza. do Matadoiro, Santiago de Compostela). Juntos forman un dúo basado en el cruce de elementos africanos y cunquianos, con una guitarra eléctrica, una batería y un micrófono como único soporte técnico. Desde el primer momento el buen entendimiento y el buen hacer blues dirigen los pasos del dúo hacia esos locales y pueblos gallegos que reconocen la buena música en directo –y también hacia unos cuantos que no lo hacen. A finales de 2003 se une al dúo David Prieto, es entonces cuando el trío bautiza su música como Blues Vivo Afrocuncas.
XULIÁN FREIRE voz y guitarra Comienza a tocar la guitarra con grupos del colegio versionando temas de rock de los años´60, `70, pero en seguida se interesa por el blues y se ocupa de la batería en la Red Blues Band con Adrián Costa (guitarra) y Marcos Coll (harmónica) –actualmente Reyes del K.O.- con quienes tocaría en diversas formaciones por toda España y compartiendo escenario como guitarrista con otros músicos como Malcolm Scarpa, Ñaco Goñi, Ernie Hawkins, Andy Phillips, etc Como cantante, Xulián no imita el timbre de los cantantes de color negro sino que explota el suyo propio, aprendiendo de intérpretes de blues tradicional y moderno: K.C. Douglas, T. Bone Walker, etc sin prescindir de influencias más soul como Otis Redding o Rufus Thomas. Como guitarrista combina la técnica tradicional (fingerpicking), con la propia del instrumento eléctrico originada en Chicago y con la xulianesca, que ni él sabe de dónde viene.
ELÍAS KAZZAMO baterìa Dobla y tripla en experiencia a los demás miembros de la banda y es, en consecuencia la raíz de la espina dorsal de Afrocuncas. Batería desde los seis años empieza su andadura en su Mozambique natal trasladándose a muchas otras partes del mundo. Ha tocado con millones de bandas de blues, samba, música tradicional africana, etc, entre ellas Harare (sudáfrica), Miriam Makeba band y la Memphis Slim Blues Band. Como instrumentista, a parte de una técnica rigurosa, Elías aporta a Afrocuncas el gran abanico rítmico de su repertorio, consumando geniales improvisaciones que perturban al público más purista. Sus influencias musicales son insondables, pero sabemos de buena tinta que le encanta Otis Redding.
DAVID PRIETO bajo eléctrico Proviene de una limitada saga de bajistas compostelanos de formación basada sobre todo en los blues de los ´60, con gran capacidad para la improvisación y el brain stormin´ musical en vivo. Ha tocado y grabado con diversas formaciones como Lou Reyes & the Wildbunch, Tres Pies, Colores, Tec lapidus…. Como bajista es sólido y amante de su terreno sonoro dentro de la banda, siendo el nexo indispensable entre la guitarra y la batería.
Con un sonido contundente y compacto los cuatro se sumergen en la cultura del blues a pulmón abierto para luego mezclar la pesca al gusto de cada momento. Fieles a la improvisación como base de su trabajo engendran nuevos arreglos cada noche y su repertorio, enmarcado en el blues posmoderno o contemporáneo, no deja de crecer y de absorber efluvios no sólo bluseros sino también de otras músicas cómo el funk, el punk o el rythm & blues (Little Walter no llegó a escuchar a Iggy Pop pero Afrocuncas sí)”.
Novembro 17th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Mario Iglesias comeza a súa carreira nos anos 90. Moi recoñecido polas súas produccións independentes que foron e son obxeto de numerosos recoñecementos e por ser o fundador de Matriuska produccións que comexou a súa andadura no ano 2005.
De entre todas as curtas escollemos INTENSIDADE,¿ Por qué?, por ser unha curta con poucos medios pero de gran calidade argumental. ¿Qué sucede cando un home e unha muller cruzan olladas na terraza dun bar?. Se queredes descubrilo non tendes máis que premer no play…
Novembro 15th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
O mundo do hip-hop entrou pisando forte no panorama musical galego, conta nestes intres cunha gran producción musical. El puto coke é un exemplo de que este estilo musical-poético está vivo e a súa expansión a outras ramas da música é imparable.FUSIÓN e a palabra que define o futuro!!
El puto coke leva no hip-hop dende o ano 1996. Antes desta incursión formou parte e foi cofundador do colectivo “La familia” que terminou por disolverse, de todas formas foron pioneiros en sons hardcore do momento.
Novembro 15th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Nos vamos a Vigo, concretamente ó barrio de Bouzas, alí atópanse os estudantes da Escola audiovisual pública de Vigo e polo que se ve non lles falta orixinalidade e ganas de pasalo ben no proceso de creación. Un aceno dende a VIDEOTECA GALEGA ós estudantes do EAV da promoción 2006-2007 e a todas as promocións que pasaron e pasarán.
Novembro 12th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Félix Fernández, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo no ano 2001. Un gran creativo que viaxa coa súa obra por todo o mundo.”VEXATIO” é unha performance realizada no Instituto Cervantes de Tokio.
De todas formas, vou reproducir as súas palabras da canle de youtube, quen mellor que él mesmo para explicar o contido do seu traballo:
“VEXATIO se inspira en las reflexiones de Friedrich Nietzsche que en su libro “Así habló Zaratrustra” desarrolló como las tres transformaciones del hombre.
Estas tres fases conceptuales se convierten en este proyecto en tres partes estructurales, así el camello, el león y el niño del texto original funcionan en esta puesta en escena como momentos de sumisión, rebelión y renacimiento, respectivamente.
VEXATIO es un trabajo multidisciplinar que explora las posibilidades comunicativas de la performance y la danza, en combinación con la moda, el vídeo y la fotografía.
En este caso Félix Fernández ha trabajado en colaboración con Roberto Diz (diseñador de moda), Rubeck (músico)y Lapsus (músico)”.
Novembro 12th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Roi Casal, forma parte do xa tan mítico grupo folk Milladoiro dende o ano 2000.” Lendas douradas” ,o seu primeiro disco, pretende ser unha mistura de poesía, música folk e tradición galega. Eso sí , representando unha nova xeración de músicos galegos que fan porque a nosa tradición musical e literaria siga viva.
Novembro 10th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Moi boas a todo o mundo. Desta vez vimos a compartir con vos unha canción en directo sinxela e contundente. Os Semos Peligrosos de Santiago de Compostela comezaron este concerto en Padrón no ano 2005 cunha canción que ven de ser toda unha declaración de intencións: “El sentido de Hacer” ou o porqué o feito de facer cousas é mellor que non facer nada. Parece ser que o grupo se atopa grabando no seu estudio o seu proximo traballo, cousa que dende a VIDEOTECA GALEGA esperamos ansiosamente, pois dende que o grupo se creou alá polo ano 1993, non pararon de dar concertos (son un dos grupos máis constantes antigos da nosa terra) e levan publicados 6 discos. Unha aperta para eles!!!
Novembro 9th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Este e o ano en que Drum Drama presenta o seu disco “Acero Orgánico”. Con nome de espectáculo chinés e unhas bases moi influenciadas pola música dos 70, principalmente Funk e Jazz, este grupo formado polo Mc Drama e o Dj Sam, aparecen no panorama hiphopeiro galego como unha auténtica apisonadora en verso. Nin un minuto de respiro porque teñen moito que dicir (No seu Myspace teñen unha entrevista que vos recomendo leer). Moitas felicidades a eles e todo o apoio que dende VIDEOTECA GALEGA poidamos humildemente brindarlles. Unha aperta.
Novembro 9th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Orixinal reportaxe que reflicte a convivencia case obrigada da música e da literatura, facendo un percorrido polos nosos músicos galegos e as súas impresións sobre a poesía na música e a música na poesía.
Entre outros, atópanse Narf, Fanny e Alexander, Deus que te Crew… aportan a súa visión sobre dúas disciplinas artísticas que transmiten de forma individual moitos matices, incrementados na súa mistura.
Novembro 8th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Como o prometido é débeda, parabéns para Andrés dende a VIDEOTECA GALEGA, polo premio ó mellor actor de “Curtas Na Rede”, seguiremos a apoiar a túa creación e tamén a botar unhas risas de cando en vez con ese humor tan Andressolo. Coma homenaxe reproducimos o video onde se lle concede o premio, máis o video aniversario da súa traxectoria en youtube.
Novembro 7th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Este xoves temos para compartir con vos un video dos coruñeses Revolujoin. Estos músicos presentan unha proposta de Indie, pop rockeiro ou como queirades chamalo. As etiquetas coma sempre son orientativas e espero que non vos condicionen NUNCA!!. Sacaron o seu primeiro traballo “La vida habla cuando paran los relojes” alá polo ano 2004 en formato digipack e están dando moito que falar. Investigade ali e tamén aqui. Un saudo para tod@s!!
Novembro 6th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Veñen a ser dous tipos que moi a pesar de ser antagónicos, teñen en común a falta de capacidade para comunicarse. En clave de comedia, así ó presenta La isla films, unha curta producida por Érica Esmorís e dirixida por Juan Galiñanes, coa banda sonora de Sergio Moure.
Entre os seus protagonistas de seguro recoñecedes a Luis Zahera (Petrolio para los amigos, jeje), sin desacreditar as actuacións de Pedro Brandariz e Victoria Pérez Varela.
Novembro 5th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Grupo de Xinzo da Limia, formando por Anxo Blas, Sabela Dacal e Pepa Rodriguez no ano 2003. A súa música é difícil de encadrar, para eles non é nin rock nin folk pero si coñecemos as súas influencias musicais sobre todo de Yan Tiersen.
Unha música chea de matices que é imprescindible que escoitedes.
Tendes información máis ampliada sobre música de Ourense en Asociación Taller de Música.
CONCERTO EN CELANOVA. CASA CURROS ENRÍQUEZ.
Novembro 5th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Neste video veredes representada a participación galego-lusa no ámbito musical. De outra marguem é un grupo das dúas beiras do Miño adicados a recompoñer pezas tradicionais para que non caian no olvido e poidan seguir sendo transmitidas de pais a fillos. Unha tarefa cando non complicada.
Desfrutade desta mistura transfronteiriza, e que as colaboracións entre distintas culturas sexan cada vez máis habituais en tódolos campos.
ACTUACIÓN EN TUI 12 DECEMBRO DE 2007
Novembro 4th, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Grupo vigués de heavy metal en galego versionando un dos poemas míticos da nosa Rosalía de Castro.
Nace en 1983 no Morrazo coa idea de facer temas versionados para tocar nos locais.
Non perdades a ocasión de disfrutar dun poema tan noso musicado de forma excepcional por Astarot, toda unha aventura para o heavy galego que defenden de sobra.
P.D Este mércores, día 5 de Novembro, comeza CINEEUROPA no Teatro Principal en Santiago de Compostela.
Novembro 3rd, 2008 — MonSozinho, Vídeo
Promo da curtametraxe de ZTV, na súa maior parte composteláns con sentido do humor e ganas de traballar. Un bico para Under dende a VIDEOTECA GALEGA. E a seguir traballando!!!
Tamén podedes ver deles na VIDEOTECA a súa curtametraxe ZOMBIE TV.
LA REBELIÓN DE LAS MÁQUINAS 1
LA REBELIÓN DE LAS MÁQUINAS 5