Entries Tagged 'Vídeo' ↓

VIDEO - CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA POPULARES - ESCOLA DE MÚSICA E BANDA SEMENTEIRA

Ven de celebrarse a segunda edición do CERTAME GALEGO DE BANDAS POPULARES os días 21, 22 e 23 de Novembro na sala Ánxel Brague do Auditorio de Galicia. Reuníronse 16 bandas divididas en tres seccións, interpretando un repertorio diverso.

Na primeira sección o premio recaeu na Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira.

Na segunda sección foi para a Banda de Música Municipal de Agolada.

E na terceira sección recaeu na Banda da Escola de Música de Rianxo.

De todos os videos que figuran na canle de youtube da FEDERACIÓN GALEGA DE BANDAS DE MÚSICA POPULARES, escollemos a Banda de Sementeira [Cambre] que interpreta a “Rapsodia galega de Xoán Montes”.

Esperamos que sexa do voso agrado e parabéns dende a VIDEOTECA GALEGA a tódalas bandas participantes.


Nonaga

Nonaga es un pequeño juego de ingenio para dos personas, extremadamente fácil de jugar, muy rápido y que te fuerza a usar el cerebro. Los materiales no podrían ser más simples: 19 arandelas y 6 marcadores en dos colores diferentes. Llevo un tiempo intentando hacer un vídeo explicando un juego. Es bastante más difícil de lo [...]

VIDEO - LINGUAS CRUZADAS

O 17 de maio de 2007 emitiuse na TVG o documental sobre o estado da lingua galega entre a xente nova. Para un luns de concienciación e problemática social deixamos a LINGUAS CRUZADAS!!!. En prol dunha lingua máis viva entre a xente nova.


VIDEO - Duelo Gaita - Berimbau (Galiza-Brasil)

Creo que hai moito tempo que un video non nos calaba de unha forma tan especial na VIDEOTECA GALEGA. Este duelo transatlántico que se levou a cabo no auditorio de Cangas o 23 de novembro do 2008 forma parte do espectáculo de capoeira do grupo Muzenza. Neste fragmento podedes ver como a música da gaita de orixe céltiga se “enfronta” de un xeito entrañable e entre sorrisos cómplices coa percusión do berimbau brasileiro. ¿Curioso eh? Espero que disfrutedes do video!!.


VIDEO - NSAIO MUGARDOS

A Rede Galega de Locais de Ensaio é un programa promovido pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude no que tratan de dotar de un espacio axeitado os músicos de cada zona para que podan desenrolar as súas inquedanzas creativas. Para os músicos de xeracións anteriores pode sonar coma unha panacea…. Ofrecenche un local, medios técnicos, poñenche a batería… ¿Cantos de vos tedes cargado co amplificador quilómetros e quilómetros para poder tocar nun soto cheo de humidade?. Alomenos, algunhas cousas van mellorando. Aproveitade a iniciativa os que podades!!!


VIDEO - KALAHAMSA - VERSIÓN “NAU”

En canto escoitedes o tema recoñeceredes de seguida a “Luar na lubre”, cunha pequena diferencia, os músicos son brasileños tocando unha canción tan nosa como é Nau composta por Bieito Romero compoñente de “Luar na lubre”. Teño que dicir a favor dos nosos que a voz de Rosa Cedrón non ten comparación, seguro que estades dacordo comigo. De todas formas e con ganas de estreitar lazos con distintas culturas, aquí tendes a Kalahamsa, grupo de Brasil de folk comtemporáneo e celta. Para que logo digan que a nosa música non é unha influencia de por sí!!

Nau de vento, nau dos homes
que vogan na inmensidade
somos xente de Galicia
onde a terra bica o mar-e.
Ai la la, ai la la
Nau de soños, nau de espranzas
nau de infinda veleidade
o esquece as suas raices
perde a súa identidade.
Ai la la, ai la la


VIDEO - MIRO CASABELLA (VOCES CEIBES) - CANCIÓN DE ESCARNIO

Hoxe se celebra na facultade de Medicina de Santiago de Compostela un evento para conmemorar o concerto fundacional dos VOCES CEIBES no ano 1968. Miro Casabella e Raimon retoman os seus instrumentos, acompañados tamén neste acto polo grupo Ataque Escampe, adicados a canción protesta… pero dunha forma máis contemporánea, collendo pinceladas do punk, do folk, do rock, dos cantautores… O acto comezará ás oito da tarde, e é gratuíto.

O video foi compartido por Oleiros70, e ven acompañado dum bo texto explicativo e a letra desta canción, que por certo, é luso-galega do século XIII


“Miro Casabella interpreta umha cantiga de escárnio galego-portuguesa do século XIII. O seu significado no contexto das mobilizaçons da Galiza anti-franquista de finais do anos sessenta e começos dos setenta, actualizava e mudava o seu significado ao de cançom de rebeldia e de afirmaçom nacional galega e internacionalista.
As “Voces Ceibes” galegas sempre estiveram vinculadas a outras vozes antifascistas de diferentes naçons, como as de José Afonso, Raimon, Paco Ibáñez, José Mário Branco, Lluís Llach, Elisa Serna, Julia León, Pablo Guerrero, Imanol Larzábal, Adolfo Celdrán, Juanele…”

LETRA DA CANCIÓN DE ESCARNIO

O genete
pois remete
seu alfaraz corredor:
estremece
e esmorece
o coteife con pavor.

Vi coteifes orpelados
estar mui mal espantados,
e genetes trosquiados
corrian-nos arredor;
tiinhan-nos mal aficados,
[ca] perdian-na color.

Vi coteifes de gran brio
eno meio do estio
estar tremendo sen frio
ant’ os mouros d’ Azamor;
e ia-se deles rio
que Auguadalquivir maior.

Vi eu de coteifes azes
con infanções [s]iguazes
mui peores ca rapazes;
e ouveron tal pavor,
que os seus panos d’ arrazes
tornaron doutra color.

Vi coteifes con arminhos,
conhecedores de vinhos,
que rapazes dos martinhos,
que non tragian senhor,
sairon aos mesquinhos,
fezeron todo peor.

Vi coteifes e cochões
con mui [mais] longos granhões
que as barvas dos cabrões:
ao son do atambor
os deitavan dos arções
ant’ os pees de seu senhor.
Afonso X
[Cuido que tinham bem mais medo os repressores do que os reprimidos ao verem aos estudantes e aos trabalhadores da Galiza juntos contestando o “Régimen” (para quando umha grande comemoraçom do Banquete de Conxo?) depois, infelizmente, demostrou-se que pouco tinham que temer esses repressores

Mariña d’Or, bisbarra de “vacas-ciones”

Se aínda non sabedes cal vai ser o voso próximo destino o verán que ven, toma nota a este vídeo que atopamos no diario La Voz de Galicia. Miguel de Lira participa nesta parodia sobre o desenvolvemento inmobiliario salvaxe da Mariña lucense. Mariña d’Or, bisbarra de “vacas-ciones”; Mariña d’Or, máis de 15 días de sol ao [...]

ENTREVISTA - POR PLACER (GALICIA PARA EL MUNDO)

Hola VIDEOTEQUEIROS!!. Teño o gran PLACER de agradecervos a voso interese á hora de consultar os fondos que dende a VIDEOTECA GALEGA queremos resaltarvos. O motivo é que xa son MÁIS DE 3000 VISITANTES os que disfrutáchedes algunha vez do que por A ou por B, nos chamou a atención dentro do panorama cultural galego.
Hoxe, como escibo por placer, decidín ensinarvos Por Placer, o grupo de Emmna Placer. Ainda que ela é Vallisoletana, o grupo, e os componentes da súa formación, son galegos, asi que pertencen a nosa idiosincrasia musical.

Moitas grazas a todos!!!


Volven os creadores de The Vigo connection

Criminal é a nova aventura dos creadores da versión viguesa de Corrupción en Miami, “The Vigo connection”, que causou furor en Youtube. O seu novo vídeo va máis aló, tratase dun falso trailer dunha falsa película, pero aínda que soe estraño ten sentido. Guillermo Fernández de Oliveira e Javier Esteban Lorin, ou o que é o [...]

CURTAMETRAXE - SANDWICH DE ATÚN - PABLO DIOS

Pablo Dios ven a sorprendernos con esta extraña reflexión sobre a vida dunha parella……vos creedes que pasará isto na realidade??. Con unha nota de humor para unha noite de friaxe unha de sandwich de atún.


VIDEO - PRIMITIVE - PHOBIA (VERSIÓN DE KREATOR) PUB TNT SANTIAGO D.C.

A banda Primitive promete ser un dos mellores exponentes da música metal en Galicia. Con componentes que proveñen dos grupos Kertuler, Icewind, Codename, Octubre 28 e outras formacións, a súa potencia nos directos está segurada e o espectáculo garantido.
Este vídeo remitido á VIDEOTECA GALEGA pertence ó seu primeiro concerto no Pub TNT de Santiago de Compostela, e só é unha pincelada do que ofreceron neste show. Unha hora de potencia rítmica, primaria, primitiva… CARRAXE EN ESTADO PURO!!!


HUMOR GRÁFICO - CARRABOUXO - XOSÉ LOIS

Tiven o placer de coñecer fai pouco a Xosé Lois González alcumado “O carrabouxo” . Humorista gráfico cunha grande personalidade, naceu en Ourense en 1949. Estudou na Universidade laboral de Zamora e xa no ano 1968 fixo a carreira de Telecomunicacións en Alcalá de Henares e en Madrid.

Dende a VIDEOTECA GALEGA esperamos que nos sigas asombrando con ese humor tan “Carrabouxo” durante moito tempo. Bicos.

O CARRABOUXO acompañado pola música de Lamatumbá.


VIDEO - JAZZMAN - SEMIFINAL “TÚ SI QUE VALES”

Se tendes ocasión de pasar por Santiago de Compostela, e pasear pola zona vella, poderedes percibir unha música que se fusiona ca pedra da Catedral creando sons “espirituais”; Jazzman é toda unha institución na capital aparte dun gran músico que ama a música.
Jazzman isto vai para ti, e para todos aqueles que nos seguen e os que tiveron ocasión de comprobar a nivel nacional que eres un “home do jazz”.


CURTAMETRAXE - ENTRAMBOSMUNDOS - ROBERTO CONDE

Curta dirixida por Roberto Conde, con Noa García encargada da fotografía e Iago García da producción. Me da a impresión que na curta abordan en clave de humor o despoboamento das aldeas do rural,…A Breixo pásalle algo… “pero non todo é o que parece amigo”.
Non perdades o sorriso nun día de chuvia coma hoxe!!!!


:pantalones de comunión

Gracias a Emergentes y Sumergidos he dado con este par de tunantes, los Venga Monjas. En la youtube podeis encontrar un buen puñado de sus videos, a cual más desconcertante. Dan risa sobretodo cuando no se ponen tontetes con sus chistes privados. ...

van Gogh, el nivel de Counterstrike

(vía Digital Tools) ***** Visita también mi videoblog Elpulpo.tv. van Gogh, el nivel de Counterstrike

El texto cinético

Un excelente, e ingenioso, ejemplo del uso de textos dinámicos para transmitir un mensaje: ***** Visita también mi videoblog Elpulpo.tv. El texto cinético

VIDEO - XURXO MARES - ¡QUÉ BIEN!

Atopei este video do cantautor Xurxo Mares e non me puiden resistir. Nel, este Cantautor de a Coruña, lle canta ó nacemento do seu fillo Hugo no Bodega Jazz Vides da mesma cidade Herculina. O Encargado de mesturar esta voz en directo coa historai que acompaña á presentación é Jose Luis Ducid do que xa vístedes na VIDEOTECA GALEGA a curtametraxe “Unha Estrella


Titeroygatra

Un vídeo con imágenes que grabé en un viaje reciente. Podría explicarlo, pero perdería la gracia. No hay más que pinchar en la imagen para verlo en mi videoblog: Por cierto, la música es -como casi siempre- de Kevin MacLeod y se llama “Improbable”. ***** Visita también mi videoblog Elpulpo.tv. Titeroygatra

Titeroygatra

Algunas imágenes de un viaje. http://www.vimeo.com/2354577

Poniendo orden en el arte

Creo que ésta es la conferencia TED más divertida que he visto: ***** Visita también mi videoblog Elpulpo.tv. Poniendo orden en el arte

VIDEO - Morte - A Skull Full of Maggots - Tnt Santiago 13 Enero 08

Hoxe, para afastá-la friaxe que esta fronte de baixas temperaturas vai deixar por riba de nos esta semana, propóñovos un sano exercicio de empatía. ¿cantos de vos PARTICIPÁCHEDES nun concerto de Brutal Death (subrama musical dos metais extremos)? Pois ben, máis ou menos o que se ven sentindo é ísto que vedes eiquí: Movemento, empuxóns, saltos, exercicio físico, esforzo e … nin gota de frio (incluso a persona que LEVANTAN EN VOLANDAS. Garantízavolo a VIDEOTECA GALEGA (garantía ISO de eficiencia enerxética pendente). Se queredes coñecer mellor a estos mozos, eles son os Morte, grupo compostelán que neste video interpretan “A Skull Full of Maggots”, versión da famosa banda de Buffalo, New York, Cannibal Corpse, adicados principalmente ó Death Metal.

Lugar, como non o pub TNT de Santiago de Compostela.


CURTAMETRAXE - EL FRUTO DEL TEDIO - RUBÉN COCA

¿ Qué pasa cando dous amigos que se reunen tódolos días no mesmo banco do mesmo parque, mudan a súa perspectiva?
Rubén Coca relata de forma orixinal unha historia basada nunha situación cotiá…
Naceu en 1977 en Ferrol, é director, productor, montador….podemos calificalo de polifacético no eido audivisual. Non perdades a oportunidade de ler o seu Curriculum e por suposto de ver a curta.BOASSS!


HUMOR - GALIZA HUMOR AUTOCTONO III

Domingo, día de descanso para todos e todas e traballo para outras/os….E como vai de humor autóctono galego, vou aproveitar para deixarvos parte da nosa tradición popular en forma de refrán:

“En outono, bota as patacas e garda cedo as vacas”


ENTREVISTA - GRAFITI E HIP HOP FEMENINO EN VIGO

Dende hay uns anos existe unha explosión hip hop en Galicia. Hoxe temos para ensinarvos unhas entrevistas feitas a artistas viguesas desta ampla rama do arte contemporáneo e compartidas por A Nosa Terra. Aid, Wöyza e Sax explícannos como son as súas carreiras dende o principio. Disfrutade e aprendede do que nos ofrecen. Apertas!!


VIDEO - DÚO ACTIS DATO - MARTINEZ - ALALALAAA

O noso contrabaixista Baldo Martinez, presenta unha peza chamada “Alalalaaa” pertencente ó disco “Folklore Imaginario” do ano 2005. Xunto a este clarinetista e saxofonista italiano , Carlos Actis Dato. Créase así un gran disco de esa corrente de Jazz rompedora e auténtica, que sorprende e mantén vivo o espírito orixinal da improvisación, da creatividade, e da expresión emotiva como fin último da música. Espero que non vos deixe indiferentes e disfrutedes da súa interacción.


VIDEO - MALKEDA - ETERNA CONDENA (DIRECTO)

Xa tiña ganas de que os MALKEDA pasaran pola VIDEOTECA GALEGA, despois daquela primeira incursión coa versión do chiki chiki que os fixo tan famosos. Pero Malkeda son algo máis que todo o recoñecemento actual, son o esforzo dun traballo que se ven desenvolvendo dende o ano 2002 e que se consolida no ano 2003 con catro dos seus actuais compoñentes: Checho Vázquez, Guille Lavia, David Parcero, David F. Torres, Juan-L. No ano 2007 se incorpora Isidro Otero que sustitúe a David Parcero.Desfrutade na compaña destos pontevedreses que aínda teñen moito que dicir!


VIDEO - BUKOWSKI TRIO?

Vámonos facer eco da petición de SRV, acerca de que falemos un pouco de “BUKOWSKI TRIO”, grupo galego de O Barco de Valdeorras e Villamartin concretamente. Levan dende os anos 90 na música e tanto tempo deu lugar a que moitos músicos pasaran polas súas filas. Actualmente son un cuarteto, por eso eles mesmos se preguntan si serán trío ou non durante moito tempo, adicándose fundamentalmente as versións de artistas como Hendrix, Ray Charles, Cream…
Vai por ti SRV e por todos vós que nos seguides día a día e nos facedes chegar as vosas suxerencias. GRACIÑAS!!!


CURTAMETRAXE - CUXA - MÁSTER EN CREACIÓN DIXITAL DE A CORUÑA

Temos de novo na VIDEOTECA GALEGA outra das orixinais creacións dos rapaces do Máster en creación dixital de A Coruña (mccdudc). Veredes unha cuxa un tanto moderna nos seus gustos!!!!
A música póñena Miki Nervio and Bluesmarkers que foron os nosos convidados non fai moito na VIDEOTECA GALEGA..